A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de Vigo este mes de outubro, tras completar a súa gran xira europea de 2026. Segundo informou a Fundación Nao Victoria, a embarcación atracará no pantalán Portocultura e poderá ser visitada entre os días 16 e 25 de outubro. “Os visitantes poderán descubrir como era a vida a bordo da réplica que uniu dous mundos: o descubrimento de América da man de Cristóbal Colón”, reivindicou a entidade.
A embarcación conta con tres cubertas abertas ao público e funciona como un museo flotante que busca trasladar os visitantes á época das grandes expedicións marítimas. A chegada a Vigo producirase despois da súa gran xira europea, na que a Nao Santa María visitou máis de 30 cidades do Reino Unido e Irlanda. O porto vigués converterase así nun dos primeiros puntos de escala da embarcación tras completar ese percorrido internacional.
