InicioSucesosUnha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade de Vigo, onde se rexistrou unha colisión con cinco vehículos implicados. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 19.30 horas deste martes, na Avenida de Beiramar da cidade olívica. Unha persoa particular deu o aviso da colisión e indicou que, probablemente, se produciu porque un coche invadiu o carril contrario debido a un problema no propio vehículo.

En total, cinco vehículos estiveron implicados no accidente, no que unha persoa resultou ferida e foi atendida por profesionais de Urxencias Sanitarias-061. No operativo interveu tamén a Policía Local de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...