InicioSociedadeO goberno de Vigo promete "o maior cadro de bombeiros da súa...

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

A líder da oposición informou de que o goberno local aprobou o pasado venres a prórroga do programa para a realización de servizos extraordinarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de bombeiros ao persoal municipal polo que a cidade alcanzará no outono “o maior cadro da súa historia”. Desta maneira saíu ao paso despois de que esta semana a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, lamentase que o goberno local “opte outro ano máis por sobrecargar con gardas extraordinarias aos bombeiros” para tentar facer fronte ao “grave problema da falta de persoal” que existe no servizo.

A líder da oposición informou de que o goberno local aprobou o pasado venres a prórroga do programa para a realización de servizos extraordinarios en exceso de xornada polo persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis). “É un eufemismo para dicir que así poderán facer máis gardas que as legalmente fixadas“, precisou. “Como non hai bombeiros suficientes, os que hai poden facer máis horas das permitidas. E logo, cando ocorren desgrazas, levámonos as mans á cabeza. Non é que poida ocorrer algo grave, é que xa pasou”, lembrou Sánchez.

Agora, o Concello mandou un comunicado asegurando que as gardas forman parte dunha medida de reforzo “voluntaria” para “asegurar a mellor resposta do servizo”. Tamén insiste que se están incorporando novos profesionais. “Os datos aos que fai referencia o PP non son correctos. As ofertas de emprego están actualizadas ata o ano 2022 incluído e as prazas correspondentes ás ofertas ata o ano 2025 están cubertas interinamente e en fase de formación”, asegura o goberno local. Sobre a redución do cociente mínimo por quenda por baixo dos 20 bombeiros, despois de baixalo á súa vez hai anos desde os 23 aos 20, o Concello di que os acordos “se axustan á xurisprudencia”, sen engadir ningún motivo máis.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...