InicioPolíticaPodemos descólgase dunha candidatura conxunta da esquerda en Vigo

Podemos descólgase dunha candidatura conxunta da esquerda en Vigo

Esquerda Unida, Movemento Sumar Galicia e Partido Verde-Equo chegaron a un acordo para as municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esquerda Unida, Movemento Sumar Galicia e Partido Verde-Equo presentaron este martes un “acordo de mínimos” para configurar unha candidatura de cara ás eleccións municipais de Vigo, un pacto que está “aberto” a suxestións e achegas da cidadanía, organizacións, sindicatos, etc.

Así o explicaron Guillermo Crego e Teresa Marchante, de Esquerda Unida, e Gloria Alonso, de Sumar Galicia, que salientaron que, neste proceso, “non se queren cometer os erros do pasado”, e por iso precisamente se comezou por sentar as bases do proxecto, e non por falar das cabezas de lista ou dos liderados. A partir deste acordo, con varias liñas e ideas básicas fundamentais, levarase a cabo un proceso de “escoita” para sumar achegas, suxestións e ideas que enriquezan ese proxecto, encamiñado a facer de Vigo unha cidade sostible, verde, cunha mobilidade accesible, con servizos públicos fortes e con atención ás persoas máis vulnerables.

O documento, sinalaron, defende unha cidade allea ao “modelo dos grandes anuncios” e á propaganda institucional, para centrarse nas necesidades reais da veciñanza, e que tamén pretende fuxir “do rifirrafe político”. “Este acordo é unha boa nova para os votantes de esquerdas de Vigo, para que saiban que teñen unha alternativa real”, explicou Crego.

Os eixes prioritarios dese proxecto son o acceso a unha vivenda digna, unha “mellora radical” do transporte urbano, a defensa dos servizos públicos, a “transición ecolóxica real” e as garantías dos dereitos sociais e feministas. “Non estamos aquí para falar de cadeiras, senón de resolver os problemas reais da xente. Vigo merece un Concello que escoite, que sexa útil e que deixe de vivir de costas aos seus barrios”, defenderon.

Sobre a ausencia dunha formación como Podemos neste acordo, evitaron facer valoracións, sinalando que, aínda que houbo contactos, o partido morado está “noutro proceso” e non quixeron pronunciarse sobre o seu posicionamento. En calquera caso, insistiron en que o acordo é unha “invitación” para que a xente se sume, e que se priorizou o proxecto sobre outros debates, como a cabeza de lista ou o formato co que concorrerán aos comicios.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...