InicioSociedadeCondenada a pagar unha multa por chamar “depredador” a un home en...

Condenada a pagar unha multa por chamar “depredador” a un home en redes sociais

Na sentenza recóllese que as palabras son "claramente atentatorias contra a súa honra e dignidade", e que hai unha intención de inxuriar "máis aló do mero desafogo ou a crítica".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi condenada pola sección Penal do Tribunal de Instancia de Vigo a pagar unha multa de 1.260 euros como autora dun delito de inxurias, tras chamar “depredador sexual” e “yonki” a un home en redes sociais. Segundo se recolle na sentenza, a acusada publicou unha mensaxe nun perfil de Instagram, creado para dar difusión a testemuños de abusos e violencia contra as mulleres. Na devandita conta, a acusada publicou unha mensaxe facendo referencia a un home ao que coñeceu e ao que se referiu como “depredador”, “enfermo”, ou “yonki”, entre outras expresións.

A xuíza considera que o contido desas expresións é “obxectivamente inxurioso” e “denotan un evidente ánimo de minguar estímaa e de denigrar á persoa á que van referidas”. Na sentenza recóllese que as palabras son “claramente atentatorias contra a súa honra e dignidade”, e que hai unha intención de inxuriar “máis aló do mero desafogo ou a crítica”, xa que se utilizou para difundir a mensaxe unha rede social, coa publicidade que iso implica. Por iso, imponlle unha multa de 1.260 euros, aínda que non acepta a petición da acusación de impor tamén unha prohibición de comunicación, “ao non apreciarse circunstancias que revelen un risco para a vítima ou unha necesidade de protección que xustifique a súa imposición”.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...