InicioPolíticaTeresa Marchante será a candidata de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo...

Teresa Marchante será a candidata de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo para acabar co “teatro” político

A formación presenta unha lista “feminista” encabezada pola técnica de orientación laboral, que reivindica unha cidade “amable, acolledora e próspera para a maioría social”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esquerda Unida de Vigo elixiu a Teresa Marchante como candidata á Alcaldía para poñer fin ao “teatro” político da cidade, segundo sostén a organización nun comunicado. Marchante encabezará unha lista “feminista”, que terá como número dous a Guillermo Crego, actual coordinador local da organización. Licenciada en Bioloxía e traballadora do Servizo Galego de Colocación, Marchante acumula máis de 30 anos de traxectoria como técnica de demandas e orientación laboral con colectivos en risco de exclusión.

“Esta experiencia profesional préstalle un coñecemento directo da precarización que sofre a clase traballadora viguesa e das necesidades máis básicas da cidadanía”, reivindica Esquerda Unida. Pola súa banda, a candidata destacou a importancia de trasladar as demandas da sociedade ás institucións. “Os movementos cidadáns e asociativos son a voz do que a sociedade reclama, pero esas voces teñen que ser recollidas por instrumentos políticos como EU para transformalas en políticas reais e facer de Vigo unha cidade amable, acolledora e próspera para a maioría social”, engadiu Marchante.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...