InicioSucesosUn condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

O condutor, de 48 anos de idade, sufriu unha saída de vía a primeiras horas da mañá e foi trasladado consciente ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras saírse da vía e impactar contra un báculo de iluminación, segundo informou a Policía Local. O accidente ocorreu sobre as 6.35 horas da mañá na Avenida de Beiramar, en dirección a Bouzas. O condutor do turismo perdeu o control do vehículo e saíuse da calzada, impactando contra un farol.

Fontes policiais sinalaron que, a pesar dos graves danos do coche, o condutor foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro consciente e o seu estado aparentemente non revestía gravidade.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...