InicioEconomíaUGT anuncia accións legais contra os despedimentos e a externalización de servizos...

UGT anuncia accións legais contra os despedimentos e a externalización de servizos en Down Vigo

O sindicato advirte de que as medidas propostas pola dirección poñen en risco os valores fundacionais dunha asociación con máis de 30 anos de traxectoria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

UGT Servizos Públicos Vigo anunciou que emprenderá “todas as accións legais precisas” para impedir que desaparezan os “valores da asociación Down Vigo” ante os “despedimentos e a externalización de servizos” formulados pola dirección da organización. Nun comunicado, o sindicato lembra que Down Vigo é unha asociación sen ánimo de lucro fundada hai máis de 30 anos por un grupo de nais e pais de mozos con síndrome de Down. Na actualidade conta con 50 traballadores e presta servizo a máis de 200 persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down.

Con todo, o pasado 8 de maio, a xunta directiva comunicou a posta en marcha dunha serie de medidas para tentar paliar o déficit orzamentario do pasado ano, calculado en arredor de 200.000 euros. Segundo denuncia UGT, estas medidas consisten en reducir as prestacións propias, proceder ao despedimento dun número indeterminado de traballadores e externalizar certos servizos que son “clave” para o desenvolvemento funcional. O sindicato engade que tamén se prevé aumentar as cotas dos socios e incrementar os custos polos servizos ofrecidos ás persoas usuarias.

Ao seu xuízo, todo isto “suporá unha perda da coherencia metodolóxica e da filosofía fundacional” da entidade. “A xunta directiva de Down Vigo quere poñer en marcha de inmediato o seu modelo mercantilista, ante o cal solicitamos a todas as autoridades comprometidas, directa ou indirectamente coa nosa asociación, que inicien as accións que consideren oportunas para impedir que a actual xunta directiva de Down Vigo converta unha asociación sen ánimo de lucro nunha empresa con subcontratas”, sentencia UGT no seu comunicado.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...