Decenas de extraballadores da histórica conserveira viguesa Alfageme concentráronse na mañá deste martes ante as portas do Concello de Vigo para reclamar o cobro dos máis de 3 millóns de euros que lles deben 16 anos despois de que a empresa pechase definitivamente.
Así o sinalaron ante os medios de comunicación, insistindo en pedir a axuda do alcalde, Abel Caballero, para tratar de conseguir o diñeiro que no seu día se lles prometeu. A pesar de que a vía xudicial xa concluíu, solicitan que, en caso de venderse os terreos da antiga conservase para a construción de vivenda, cobrar con parte dese diñeiro a débeda.
