InicioOpiniónA Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

Lois Pérez Leira, activista e investigador

PUBLICADO O

- Advertisement -

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias, un axuste necesario pero que ás veces queda na superficie da historia urbana. En Vigo, resulta especialmente chamativo o caso dese barrio, outrora campo aberto, situado estratexicamente entre o Calvario, San Roque, Lavadores e a antiga estación de autobuses. Co crecemento das últimas décadas, a zona consolidouse coa apertura da avenida Gregorio Espino e a posterior construción do ambulatorio.

​Popularmente, a zona denominouse “La Doblada”, unha definición meramente circunstancial e descritiva que carece dunha verdadeira raíz toponímica. O colmo da falta de rigor cultural ocorreu cando, ao inaugurarse o ambulatorio, bautizouse oficialmente con ese nome en castelán. Tiveron que pasar case 30 anos para que a administración o corrixise pola forma galega, “A Doblada”.

​Porén, esta corrección ortográfica no oculta a escasa visión dos responsables da Xunta de Galicia. Foron incapaces de bautizar este centro sanitario co nome de algún médico que realmente deixase unha pegada na vida social e sanitaria da cidade.

​Unha elección de xustiza histórica tería sido a de Eugenio Arbones Castellanzuelo. Eminente médico, coñecido como o “médico dos pobres” polo seu incansable labor social, e deputado socialista, Arbones representaba a excelencia profesional unida ao compromiso ético. O seu tráxico final, fusilado polos sublevados en 1936 nas tapias de Pereiró, deixou un baleiro inmenso no Vigo que el tanto defendeu.

​Manter un nome tan baleiro de contido como “A Doblada” para un edificio de servizo público é, en definitiva, unha oportunidade perdida para honrar a memoria de quen, como Arbones, entregaron a súa vida á saúde e á liberdade dos seus veciños.

ÚLTIMAS

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...