InicioSucesosUnha condutora resulta ferida tras facer un trompo e saírse da vía...

Unha condutora resulta ferida tras facer un trompo e saírse da vía na VG-20 ao seu paso por Vigo

O vehículo quedou en dirección contraria na parroquia de Matamá e a muller tivo que ser atendida por dor nunha man.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha condutora resultou ferida na tarde deste xoves en Vigo tras saírse da vía mentres circulaba pola VG-20 ao seu paso pola parroquia de Matamá. Segundo fontes do 112 consultadas, os feitos ocorreron pasadas as 15:15 horas no punto quilométrico 6 da devandita vía, en dirección á cidade olívica.

Foi un particular o que alertaba de que un coche se saíu da vía tras facer un trompo e quedar en dirección contraria á de circulación. Por iso, deuse aviso ao 061, que atendeu á condutora que presentaba dor nunha man, e á Garda Civil de Tráfico, que se desprazou ata o lugar para garantir a seguridade na zona.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...