InicioSociedadeZendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización...

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

Expertos da OMS e do ámbito sanitario analizarán este venres o impacto da desinformación e a xeopolítica na saúde pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do Porriño o encontro internacional ‘Saúde global en tempos complexos: inmunización, información e novos desafíos‘, unha xornada destinada a analizar os retos da saúde pública nun marco de “incerteza global”. O evento, que se celebra con motivo da Semana Mundial da Inmunización, reunirá a destacados expertos dos ámbitos sanitario, político e da comunicación para abordar os principais desafíos actuais.

Entre os relatores confirmados atópanse a especialista en comunicación en emerxencias sanitarias Suzanne Kerba; a experta en saúde global con traxectoria na Organización Mundial da Saúde (OMS) Ljubisa Latinovic; o eurodeputado Nicolás González Casares; e a presidenta da Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), Graziella Almendral. A xornada porá o foco no “papel estratéxico” da vacinación como “ferramenta estrutural” de saúde pública, nun contexto marcado por “a complexidade epidemiolóxica e a presión sobre os sistemas sanitarios”.

Así mesmo, debaterase sobre a contorna internacional condicionado por factores xeopolíticos e o impacto da desinformación na confianza da cidadanía. O encontro desenvolverase en horario de mañá e, ao finalizar a xornada, os expertos participantes atenderán aos medios de comunicación para profundar nas cuestións abordadas durante as sesións.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo anula o peche dun protocolo de acoso escolar tras incumprir o centro os prazos legais

O maxistrado da Sala número 2 da sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia...

O TSXG condena o Concello de Vigo a pagar case 4,6 millóns ao Porto por incumprir o mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

Un convenio asinado hai máis de tres décadas para transformar e abrir ao público...

A CIG de Vigo chama a participar na manifestación para “loitar por unha vida digna”

A CIG de Vigo chamou este mércores a participar na manifestación convocada o vindeiro...

A Deputación comprométese co Mundial de Vigo, pero reclama a Caballero un plan real: “Non abonda” con calcular os custos

A aspiración de Vigo de converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol 2030...