InicioSociedadeVigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

O Goberno local nomea os funcionarios en prácticas que iniciarán agora un curso de formación antes da toma de posesión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento como funcionarios en prácticas de 23 bombeiros e 7 condutores bombeiros, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor explicou que estes 30 novos efectivos iniciarán agora un curso formativo de 253 horas antes de tomar posesión definitiva da súa praza.

Ademais, asegurou Caballero, o goberno local ten en marcha unha nova oferta de emprego público con 8 novas prazas para bombeiros. Segundo proclamou o alcalde, no momento no que estas oito novas prazas se provisionen, o Concello terá absolutamente ocupadas todas as prazas do cadro de persoal. O rexedor incidiu en que con estas medidas continúan traballando na seguridade da cidade.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...