InicioSociedadeO BNG de Vigo reclama ao Porto de Vigo que priorice o...

O BNG de Vigo reclama ao Porto de Vigo que priorice o naval fronte ao “cemento” na ría

Xabier Pérez Igrexas marca como "liñas vermellas" o rexeitamento a novos recheos na ría e a defensa do uso naval en Vulcano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao presidente do Porto, Carlos Botana, que dea resposta ás alegacións presentadas en novembro de 2024 á nova Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP). O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que a institución debe agardar pola correspondente avaliación ambiental antes de iniciar o proceso para un novo Plan Estratéxico, xa que “non se pode construír o futuro cando o presente está sen resolver”. O Bloque reclamou unha análise “honesta e transparente” do plan actual para evitar que a planificación dun dos motores económicos da cidade se faga “de costas” á cidadanía.

Nese sentido, Pérez Igrexas lembrou as “liñas vermellas” da súa formación e incidiu en que non admitirán novos recheos na ría, malia que Botana parece “alentalos” ao insistir na falta de espazo. Igualmente, os nacionalistas trasladaron o seu rexeitamento á instalación de eólica mariña en espazos protexidos e a calquera intento de converter os terreos da antiga Vulcano nunha ampliación da terminal de colectores. O BNG reiterou a súa proposta de destinar o estaleiro de Teis a un centro de reparación naval.

Para o portavoz nacionalista, o futuro crecemento do Porto non pasa por “seguir cementando a ría nin por sacrificar o naval”, senón por ordenar e optimizar os espazos xa existentes. Nesa liña, apostou por mellorar a conectividade coa Plisan e convertela nun instrumento útil ao servizo da actividade portuaria e industrial. Finalmente, reclamou á autoridade portuaria que abra un proceso real de participación e diálogo con toda a cidade, cun compromiso explícito de non executar máis recheos.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...