InicioSociedadeMiguel Ángel Revilla será o pregoeiro da Festa do Choco de Redondela

Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da Festa do Choco de Redondela

A alcaldesa, Digna Rivas, celebra a presenza do expresidente cántabro na XXXIX Festa do Choco, destaca o seu perfil como “embaixador da gastronomía e dos produtos do mar” e confía en que a cita gañe unha repercusión nacional inédita.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O expresidente de Cantabria e secretario xeral do Partido Rexionalista de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, será o pregoeiro da XXXIX Festa do Choco de Redondela, segundo informou a alcaldesa, Digna Rivas, nun audio enviado aos medios de comunicación. A rexedora mostrouse “especialmente satisfeita” desta “gran noticia” e agradeceu a Revilla que aceptase a invitación, xa que permitirá que a festa teña unha “repercusión nacional sen precedentes”.

Rivas puxo en valor a Revilla como un “embaixador da gastronomía e dos produtos do mar” e animou toda a cidadanía a escoitalo antes do inicio da festa. Así, reivindicou o expresidente cántabro como un “referente” en políticas sociais, cun discurso “marcado pola igualdade”. Digna Rivas pechou o audio subliñando que o seu goberno xa traballa na organización da XXXIX Festa do Choco, que se celebrará entre os días 8 e 10 de maio.

ÚLTIMAS

Caballero anuncia que a Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que a bancada de Tribuna...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...