InicioPolíticaO BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

A formación nacionalista denuncia que o documento non pasou polo Consello da Muller e critica que o Goberno de Caballero actúe de costas á cidadanía

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes presentado polo goberno local, denunciando que o documento non foi sometido a debate no Consello Municipal da Muller. A concelleira nacionalista Ana Martínez advertiu de que este plan “chega con 14 anos de atraso“, dado que o anterior venceu no ano 2012, e criticou que o texto actual “non foi presentado, nin consensuado, nin ditaminado” polo órgano de participación correspondente.

Desde o BNG subliñaron que un proxecto desta natureza “debería contar co máximo consenso e participación social”. Porén, sinalaron que a día de hoxe as integrantes do Consello Municipal descoñecen o seu contido, ao igual que o propio grupo municipal nacionalista. “Queremos que sexa un plan de cidade, non só un plan do goberno municipal“, reivindicou Martínez, quen lamentou que o executivo de Abel Caballero “goberna de costas á cidadanía”.

A formación nacionalista recalcou que a igualdade require dunha “planificación rigorosa, avaliación transparente e implicación real do tecido social“, polo que defenderon que o plan non pode quedar reducido a un simple trámite formal sen diálogo previo. Para o BNG vigués, a falta de consenso deslexitima un documento que debería ser a folla de ruta para as políticas de xénero na cidade durante os vindeiros anos.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...