InicioSucesosUn falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos...

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

O accidente produciuse na N-552 e obrigou á intervención de equipos de excarceración, urxencias sanitarias e múltiples servizos de emerxencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este xoves no municipio pontevedrés de Redondela. Segundo informou o 112, o sueso ocorreu no quilómetro 1 da N-552. Un dos feridos tivo que ser excarcerado polo GES de Mos.

O servizo tivo constancia do accidente ás 18.15 horas, a través da chamada dun particular que alertou da colisión entre dous vehículos. Pouco despois, un implicado tamén contactou e indicou que se necesitaba asistencia sanitaria urxente. O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Redondela e Mos.

Ademais, informouse aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención. A pesar dos esforzos realizados, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento dun dos implicados. Os tres feridos foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...