InicioSociedadeEducación supervisa a apertura dunha investigación por un posible caso de acoso...

Educación supervisa a apertura dunha investigación por un posible caso de acoso a unha nena no colexio Monterrey

Os feitos denunciados refírense a unha situación de acoso sufrida por unha nena de Educación Infantil, por parte dalgúns compañeiros do centro máis maiores, xa de sexto de Educación primaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP confirmou a recepción, o xoves pasado, dunha comunicación alertando dun posible caso de acoso a unha nena de 5 anos nun colexio de Vigo, o centro concertado Monterrey. Fontes do departamento autonómico explicaron que a Inspección Educativa está a supervisar a apertura, por parte do colexio, do correspondente protocolo de acoso escolar para investigar o caso e “avaliar a existencia ou non do mesmo”.

Os feitos denunciados refírense a unha situación de acoso sufrida por unha nena de Educación Infantil, por parte dalgúns compañeiros do centro máis maiores, xa de sexto de Educación primaria. A consellería reiterou a súa posición de “tolerancia cero” fronte a este tipo de condutas e apelou ao “compromiso colectivo” ante comportamentos “contrarios á convivencia”, para seguir actuando “con eficacia e dilixencia” ante calquera caso.

Así mesmo, lembrou que os centros galegos contan con protocolos para intervir, uns protocolos que, segundo se indica aos colexios, deben abrirse “ante a mínima sospeita” para investigar. Ademais, este curso Educación puxo en marcha o Termómetro de Acoso Escolar, “que se suma a outras medidas como os Puntos Laranxa e o reforzo da formación do profesorado”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...