InicioSociedadeCondenado a un ano e tres meses de cárcere por ameazas racistas...

Condenado a un ano e tres meses de cárcere por ameazas racistas a unha nova: “Que non me toque os collóns a panchita esa que a mato””

O xulgado do Penal 1 de Vigo condenou a 1 ano e 3 meses de prisión, tras unha vista de conformidade, ao autor dun delito menos grave de ameazas, coa agravante de motivación racista, tras dirixir a unhas nova expresións como "non quero merda peruana aquí".

PUBLICADO O

- Advertisement -

xulgado do Penal 1 de Vigo condenou a 1 ano e 3 meses de prisión, tras unha vista de conformidade, ao autor dun delito menos grave de ameazas, coa agravante de motivación racista, tras dirixir a unhas nova expresións como “non quero merda peruana aquí” ou “a min que non me toque os collóns a panchita esa que a mato”. Segundo a sentenza, vítima e acusado mantiveron unha relación de amizade no ano 2023 pero, a partir de novembro dese ano, a relación converteuse en inimizade e enfrontamento, e producíronse numerosas discusións entre ambos e intercambios de insultos e comentarios despectivos por WhatsApp.

Así, a partir de agosto de 2024, o acusado contactou cunha amiga común de ambos e escribiulle mensaxes referíndose a a vítima con termos despectivos: “a min que non me toque os collóns a panchita esa que a mato”, “voulle dar unha patada voadora como me toque os collóns”, “voulle saltar os dentes da boca” ou “que me diga algo máis, que a espero fóra de casa e doulle unha malleira”. Posteriormente, crearon un grupo de WhatsApp no que estaban acusado, vítima e a amiga dela. Cando elas lle pediron que se desculpase, o acusado escribiu mensaxes como: “esa si que se vai cagar, pensa que se foi de rositas”, ou “eu pídoche perdón se ti me pides perdón por estar no meu país”.

Despois de que ela o denunciase, o acusado tratou de porse en contacto coa nova, e comunicouse cunha coñecida de ambos para preguntar onde estudaba “a peruana esta”. Finalmente contactou coa propia vítima por Telegram para afearlle que o denunciou e expúxolle preguntas como “se viñera a España para isto” ou “se o deporte nacional en Perú era denunciar”. Ademais, referíase a ela de forma insistente vexándoa pola súa orixe, e falando da moza como “cor humilde, cor económica”. “Non quero merda peruana aquí”, “xa chegou a cor humilde” ou “coidado cos panxis que vos denuncian” eran algunhas das expresións que utilizaba. Por estes feitos, foi condenado a 1 ano e 3 meses de cárcere, coa prohibición de achegarse ou comunicarse coa denunciante por un tempo de 2 anos e 3 meses, e deberá indemnizar á prexudicada en 100 euros.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...