InicioEconomíaCoñece as empresas premiadas por boas prácticas pola Zona Franca: Aludec, PSA,...

Coñece as empresas premiadas por boas prácticas pola Zona Franca: Aludec, PSA, HTG, Inditex…

O servizo de estudos do Consorcio da Zona Franca, ARDÁN, celebra esta noite o seu 25 aniversario no auditorio Afundación en Vigo, premiando a 25 empresas "que destacaron pola obtención de indicadores de boas prácticas empresariais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de estudos do Consorcio da Zona Franca, ARDÁN, no curso da gala polo seu 25 aniversario que se celebra no auditorio Afundación en Vigo, premia esta noite a 25 empresas “que destacaron pola obtención de indicadores de boas prácticas empresariais”, subliñan.

Durante o acto, ARDÁN recoñecerá a 18 empresas que obtiveron este ano entre catro e cinco indicadores “ARDÁN de boas prácticas empresariais”,  e destacará a outras 7 empresas das catro provincias galegas “que durante estes últimos 25 anos achegaron a Galicia máis emprego e riqueza”.

“ARDÁN é unha ferramenta ao servizo da sociedade galega. Analizamos o tecido empresarial para axudar a melloralo. A perspectiva de 25 anos de estudo das empresas con sede en Galicia constata a relevancia que ten o efecto sede social polo que vemos que as empresas que teñen os seus centros de decisión en Galicia son as que crean máis emprego, máis riqueza e atraen máis talento que o resto do tecido económico de Galicia”, subliña David Regades, delegado do Estado no CZFV.

“Estas 25 mellores empresas galegas, tanto polas súas boas prácticas como por xeración de emprego na Comunidade, son as que multiplicaron por 10 a riqueza achegada á Comunidade nos últimos 25 anos”, sinalan desde a Zona Franca.

Segundo os datos analizados polo equipo de expertos de ARDÁN, 25 compañías con sede social en Galicia achegaron 65.319 millóns de euros ao PIB galego nos últimos 25 anos, cun crecemento da súa xeración de riqueza do 899%, cinco veces máis que o crecemento total da economía galega.

As 25 compañías detectadas polo servizo de estudos do Consorcio da Zona Franca de Vigo ( CZFV) tamén multiplicaron por tres o seu número de empregados, ata alcanzar os 57.000 empregados directos.

A xeración de emprego das 25 empresas seleccionadas é 19 veces maior ao da creación de emprego total en Galicia entre 1993 e 2018.O traballo de análise de datos, enquisas e estudos de competitividade de máis de 30.000 empresas con sede en Galicia está dirixido por ARDÁN, con metodoloxías elaboradas por grupos de investigación da Universidade de Vigo e coordinadas pola Cátedra ARDÁN.

ARDÁN elabora 10 indicadores de boas prácticas empresariais (os indicadores ARDÁN) que analizan ás empresas que máis emprego ou riqueza xeran, ás máis globais, mellor xestionadas, de rápido crecemento, alto rendemento, ás de maior igualdade de xénero ou ás que aplican economía circular nos seus procesos de fabricación. En 2018 o 7% das máis de 30.000 empresas galegas analizadas obtiveron algún Indicador ARDÁN e 18 empresas (o 0,07%) lograron 4 ó 5 indicadores.

As que seguen son as compañías premiadas por indicadores de boas prácticas: Actega Artística (empresa química con sede no Porriño), Aludec (Compoñentes do automóvil, con sede en Vigo), Aucosa (produción de fariñas e aceites de peixe para o sector alimentario, Vigo), Boxleo TIC( TIC, sede na Coruña), Cardiolife (produción de equipos e tecnoloxía médica de última xeración, Vigo), Egasa Ferrol ( Luckia, especializada no desenvolvemento e implantación de xogos de azar), Egatel (Empresa de alta tecnoloxía e soliciones informáticas con sede en Ourense), Euro CKP (granito, Tui), Garaysa, Irmáns Galdo, HTG (Porriño), Marine Instruments (Nigrán), Niso Rodríguez Taboada, Nodosa, Otamar, Redegal, RS Motor Power Solutions eTarlogic Security.

O servizo de estudos ARDÁN detectou e seleccionou ás 7 empresas con sede en Galicia que de maior xeración de riqueza e creación de emprego durante os últimos 25 anos. Elas son a Construtora San José, Coren, Finsa, Fillos de Rivera, Inditex, Lactalis e PSA.
 

ÚLTIMAS

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

As obras da bancada de Gol comezarán a finais de xaneiro e a Avenida de Madrid en marzo, anuncia Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as obras da bancada de Gol...