InicioSociedadeO Porto de Vigo suspende o tráfico marítimo por saída da regata...

O Porto de Vigo suspende o tráfico marítimo por saída da regata A Solitaire du Figaro

A interrupción será este domingo entre as 16.30 e 18.30 horas para garantir a seguridade dos 34 participantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo suspenderá o tráfico marítimo entre as 16.30 e 18.30 horas deste domingo debido ao dispositivo de seguridade e o gran número de embarcacións esperadas pola saída da regata A Solitaire du Figaro Paprec, ademais dos 34 veleiros participantes.

A suspensión aplicarase unicamente durante dúas horas para garantir a seguridade dos participantes e da organización da regata. A través dun comunicado, o Porto recomenda a todos os usuarios do porto tomar as medidas oportunas para axustar as súas operacións fóra deste horario.

Por outra banda, a Autoridade Portuaria abrirá o Peirao de Transatlánticos á cidade durante a celebración da regata para que vigueses e visitantes poidan seguir de preto a saída. “Trátase dunha oportunidade única para despedir aos regatistas e gozar dun espectáculo deportivo de primeiro nivel desde un lugar privilexiado”, explica.

A saída dos 34 regatistas participantes na 56ª edición da A Solitaire du Figaro Paprec está prevista ás 17.00 horas e será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia (TVG). Iso significa que os primeiros barcos largarán amarras da dársena de Portocultura a partir das 14.00.

Tras abandonar os pantanales da dársena, terán por diante un percorrido de 612 millas (1.133 km) de navegación entre Vigo e Saint-Vaast-A-Hougue, en Normandía, onde terá lugar a gran chegada desta 56ª edición.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...