InicioPolíticaCaballero responde a Feijóo: "Está resentido polo noso éxito, do que fala...

Caballero responde a Feijóo: “Está resentido polo noso éxito, do que fala toda España”

Ademais de respostar ás críticas do presidente da Xunta, que comparou Vigo con Venezuela, o alcalde de Vigo asegurou que na primeira fin de semana xa se recuperou o investimento das festas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cando o señor Feijóo compara a Vigo con Venezuela mostra o enorme resentimento que ten con esta cidade”, vén de subliñar o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero.

“Non lle gusta que a Vigo vaian as cousas ben, porque o Nadal de Vigo e as luces de Vigo están a traer á cidade a miles, ducias de miles de persoas de toda Galicia e toda España, e por tanto traen negocio, traen economía, traen emprego”, celebrou.

Así, o rexedor destaca que “o sector da economía vai ben, o comercio ten máis clientes que nunca porque fixemos unha festa de Nadal que con pouquiño diñeiro está a xerar unha enorme cantidade de recursos”.

“Soamente na primeira fin de semana xa se multiplicou por tres o gasto que fixeramos na contratación das luces”, asegura: “O señor Feijóo, cando critica que se colleu unha empresa de fóra de Vigo, ignora que parece insinuar que hai que cometer un delito, porque esa empresa gañou un concurso público”.

Caballero durante a inauguración das luces/ Miguel Núñez

“E cando di que hai que comprar lámpadas en Galicia, primeiro non se compra ningunha, é unha compañía que as pon, as aluga e máis tarde se devolven”, engade.

“Está resentido, porque o que el anticipaba e quería que fose un fracaso está a ser un éxito do que fala toda España. E isto Feijóo non o soporta, que nos vaia ben á cidade, que os hoteis teñan niveis de ocupación moi altos, que os restaurantes teñan xente, que os comercios vendan”, enumerou.

“Esta ponte da Constitución imos volver a encher a cidade con visitantes. A el encantaríalle que as luces non funcionasen, porque o señor Feijóo vive no resentimento”, lamenta: “A cidade de Vigo non lle quere porque non atende a Vigo, porque non inviste en Vigo, porque non gasta en Vigo. Este é o drama de Feijóo. É o único presidente autonómico que coñezo en toda España que non se alegra de que á cidade máis importante do seu territorio as cousas lle vaian ben, e que ademais a critique e busque por todos os medios que lle vaia mal”.

Por último, recomendoulle que cando compare Vigo con Venezuela “diga que temos débeda cero, que temos superávit, cumprimos co teito de pago, somos os mellores pagadores aos provedores do Concello e somos un modelo en finanzas e en investimento en toda España”.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...