InicioSucesosDetidos tres homes polo violento asalto a un nonaxenario en Coruxo

Detidos tres homes polo violento asalto a un nonaxenario en Coruxo

Ataron e golpearon á vítima para roubarlle 20.000 euros; forman parte dun grupo criminal especializado en roubos na provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a 3 homes como supostos responsables dun roubo con violencia cometido a mediados de xullo nun domicilio da parroquia de Coruxo, onde foi coas mans atadas e agredido un nonagenario, e de onde os ladróns levaron 20.000 euros en efectivo.

Os feitos ocorreron o pasado 15 de xullo, cando catro persoas encapuchadas entraron ao domicilio e ameazaron cun arma de fogo e un coitelo ao ancián, ao que ataron a unha cadeira e golpearon de forma violenta ata lograr que lles entregase 20.000 euros en efectivo e un cartón bancario coa súa clave.

Os ladróns fuxiron do lugar co botín e trataron de extraer, sen éxito, diñeiro dun caixeiro automático próximo. Tres días despois, regresaron ás inmediacións da vivenda da vítima para roubarlle unha furgoneta con diversa maquinaria de obra no seu interior. O vehículo foi posteriormente abandonado, con numerosos danos, no parque forestal de Coruxo.

As pescudas policiais, bautizadas como Operación Nona, permitiron identificar e deter en só un mes aos autores destes feitos, individuos que forman parte dun grupo criminal especializado en roubos violentos na provincia de Pontevedra. Os sospeitosos dedicábanse tamén ao roubo de vehículos e ao tráfico de drogas.

DETENCIÓN E REXISTRO

Á primeira hora da mañá deste mércores procedeuse á detención de tres dos supostos asaltantes, cando estaban nunha vivenda en Coruxo. No operativo participaron efectivos do Grupo Especial de Seguridade (GOES) e da Unidade de Intervención Policial (UIP) de Vigo.

No rexistro desa vivenda a Policía interveu, entre outros efectos, dous armas de fogo simuladas, pezas de roupa utilizadas nos actos delituosos, caretas, diñeiro en efectivo e diverso material que podería estar relacionado con dous delitos cometidos na provincia na última semana e con outros delitos anteriores.

Fontes policiais confirmaron que a investigación continúa aberta e atribúeselles aos implicados os delitos de roubo con violencia, roubo con forza, roubo/furto de uso de vehículo, así como pertenza a grupo criminal. Os detidos pasarán a disposición do xulgado de instrución 4 de Vigo nos próximos días.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...