InicioSociedadeO xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas:...

O xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas: “O aumento de peticións de probas é tremendo”

Tras subliñar que non se poden pór "cotos", xa que "hai que facer as que faga falta", si se analiza desde o departamento sanitario da Xunta a necesidade de facer todas as analíticas que se realizan actualmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente, referiuse este luns ao aumento das esperas para realizar unha analítica en distintos centros de saúde, superando o mes nalgúns casos, apuntando ao incremento de peticións para as ditas probas. “O incremento de peticións de analíticas e de probas en xeral é tremendo. É unha escalada importantísima”. Así contestou tras ser preguntado sobre os motivos desta situación, recoñecendo Puente que descoñece cada caso concreto e insistindo en que cando se detecta un aumento da espera póñense en marcha “medidas de corrección”.

Segundo el, na actualidade está a detectarse unha alta demanda de analíticas e de repetición destas, mostrando a súa “preocupación” á hora de valorar a “idoneidade” das mesmas. Javier Puente dixo que sempre houbo uns protocolos que establecen cando hai que repetir as analíticas, pero si apostilou que se detectaron incrementos destas probas. Tras subliñar que non se poden pór “cotos”, xa que “hai que facer as que faga falta”, si se analiza desde o departamento sanitario da Xunta a necesidade de facer todas as analíticas que se realizan actualmente.

APAGAMENTO

Noutra orde de cousas, Puente tamén foi preguntado polo apagamento eléctrico sufrido hai semanas en todo o país e a súa afectación á área sanitaria. El fixo un balance “moi bo”, debido a que todos os hospitais e puntos de atención continuada (PAC) da zona de Vigo tiñan xeradores fóra dun, ao que se lle forneceu ese día. O xerente puxo en valor que, por exemplo, o Álvaro Cunqueiro podería funcionar 9 ou 10 días grazas aos máis de 200.000 litros de diésel que almacena. Neste hospital, desprográmaronse “pouquísimas” intervencións, segundo apuntou, aínda que sobre as 19.00 horas perdéronse as comunicacións, o que complicou a operativa.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...