InicioSociedadeCaballero inaugura as maiores luces de Nadal da historia de Vigo: "Queremos...

Caballero inaugura as maiores luces de Nadal da historia de Vigo: “Queremos unha festa para todos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este sábado 24 de novembro chegou a data coa que simbolicamente comeza o Nadal en Vigo. O alcalde, Abel Caballero, ofreceu un discurso previo ao encendido das luces, cun espectáculo multitudinario de luz, cor e son, que incluíu ata fogos de artificio.

“Estamos aquí, na porta do Sol, para acender as luces de Nadal, desta gran cidade que quere facer desta festa de Nadal unha festa para todos e todas, de mesturar a modernidade e a tradición. E a como celebramos o Nadal engadirlle luces, cor, música e festa”, narraba o alcalde.

Neste primeiro vídeo, podemos ver de novo a conta atrás trala que se encenderon tódalas luces de Nadal da cidade.

 

“E nesta cidade, con investigación, con I+D, con coñecemento e con laboriosidade, tamén queremos incorporar o Nadal como unha grande festa de Vigo. Por eso, benvidas e benvidos todos”, engadiu o rexedor.

 

“Quero saludar a tantas e tantos, de tantos lugares de toda Galicia. De Ourense, de Lugo, de Coruña… Benvidos a Vigo! E os que de tantos lugares de España estades aquí”, engadiu, posto que se achegaron persoas incluso de fóra de Galicia para desfrutar do espectáculo.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...