InicioEconomíaVigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello reclama máis de 17.000 euros á compañía e investiga se incumpre o contrato de promoción turística

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola supresión unilateral dun voo semanal entre Vigo e Londres durante o verán de 2023. Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, a administración local reclama á compañía unha contía de 17.414 euros por incumprimento contractual.

A decisión baséase, segundo explicou o rexedor, en que a empresa modificou a programación de voos sen previo aviso ao Concello, vulnerando os termos establecidos no convenio subscrito para a promoción e conexión aérea da cidade.

Ademais da sanción económica, o Concello abriu un segundo expediente para analizar se a compañía está a cumprir coas obrigas derivadas do contrato de publicidade, a través do cal Ryanair se comprometeu a visibilizar a marca turística de Vigo.

Neste sentido, o goberno municipal solicitou á aeroliña que xustifique documentalmente o cumprimento desas obrigas promocionais. “De non facelo, ou de verificarse novos incumprimentos, actuaremos como corresponde para defender os intereses da cidade“, asegurou Caballero.

O BNG DENUNCIA O “FRACASO” DO MODELO DE SUBVENCIÓNS ÁS AEROLÍNEAS

O portavoz do grupo municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, denunciou este luns o “fracaso” do modelo de subvencións a aerolíneas como Ryanair, cuxos reiterados “incumprimentos” coa terminal de Peinador fan necesario de forma “urxente” un “cambio estratéxico”.

Así, o grupo nacionalista propuxo a posta en marcha dun plan de dinamización do aeroporto vigués, que o consolide como vertebrador da área, do sur de Galicia e da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Igualmente, reclamou apoio do Goberno central para mellorar os accesos, permitir a apertura 24 horas e potenciar o transporte de mercadorías.

Á Xunta esixiulle que abandone a “confusión” que só beneficia aos competidores, como a terminal do Porto, e promove un sistema aeroportuario galego baseado na “coordinación”; mentres que ao Concello pídelle “liderado” nunha colaboración interadministrativa e que corrixa “situacións delirantes”, como a falta dun bus directo desde o centro urbano a Peinador.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...