InicioSucesosDetidas tres persoas, unha delas menor de idade, por un delito de...

Detidas tres persoas, unha delas menor de idade, por un delito de odio logo de agredir a unha persoa sen fogar

Fontes policiais explicaron que entre o grupo agresor e a vítima non existía relación previa algunha, "tratándose dunha agresión de carácter gratuíto, sendo o único motivo da mesma, que esta persoa non tivese fogar"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Brigada de Información da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a tres individuos, entre eles un mozo menor de idade, como presuntos autores dun delito de odio, por agredir a unha persoa sen fogar en plena rúa, e sen que mediase provocación ou discusión previa.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a principios de marzo, cando un grupo de mozos accederon a unhas galerías comerciais na zona do Calvario. Ao atopar a unha persoa sen recursos durmindo no chan comezaron a cuspirlle e a lanzarlle moedas con forza.

Cando a vítima, un home de mediana idade, espertou e lles recriminou a súa actitude, un do mozos agarrouno mentres outro lle batía na cabeza. Por esta agresión, o home tivo que ser atendido nun centro sanitario.

Fontes policiais explicaron que entre o grupo agresor e a vítima non existía relación previa algunha, “tratándose dunha agresión de carácter gratuíto, sendo o único motivo da mesma, que esta persoa non tivese fogar”.

Tras a investigación levada a cabo pola Brigada Local de Información, a Policía puido identificar as persoas que participaran nestes feitos e proceder á súa detención. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Vigo e tamén se puxeron en coñecemento da Fiscalía Especial de Delitos de Odio.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...