InicioSucesosDetido un home por negarse a abandonar a habitación dun hotel e...

Detido un home por negarse a abandonar a habitación dun hotel e arroxar cocaína

Catro policías tiveron que se trasladados ao Cunqueiro por intoxicación e xa foron dados de alta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home que se negaba a abandonar a habitación dun hotel e que arroxou cocaína a catro axentes que tiveron que ser trasladados ao hospital por intoxicación. Segundo explicaron fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, os feitos sucederon sobre as 13.30 horas deste domingo nun céntrico hotel da cidade olívica.

Persoal do aloxamento chamou aos axentes para informar de que había un hóspede estivo a causar molestias durante a noite e, pola mañá, cando o persoal de limpeza quixo acceder á habitación o home, duns 50 anos, negábase a abandonar o cuarto.

A persoa, que estaba moi agresiva e atopábase baixo os efectos do consumo de sustancias estupefacientes, portaba varias bolsas de cocaína e cando os axentes se achegaron a el arroxou a sustancia estupefaciente por encima de catro policías.

O home, ao que lle incautaron nunha bolsa 100 gramos de cocaína, foi detido. Pola súa banda, o catro policías tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación e xa lles deron o alta.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...