InicioSucesosAcepta 3 anos de cárcere tras abusar continuadamente dunha menor na área...

Acepta 3 anos de cárcere tras abusar continuadamente dunha menor na área de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

da moza.

Ante este recoñecemento dos feitos, xa non se practicou a proba e a sala ditou sentenza, que declarou firme ante a conformidade das partes. Luís Salvador G.P admitiu as agresións sexuais continuadas á menor, coa que convivía (e que tiña menos de 16 anos no momento dos feitos) e coa que gardaba relación de parentesco, con penetración vaxinal e de forma reiterada entre os anos 2016 e 2019, “ata catro veces por semana”, segundo recolle o escrito de acusación pública.

Nese tempo, o acusado consumía alcol de forma abusiva, o que minguaba levemente as súas capacidades volitivas. No momento de celebrarse a vista de conformidade, o home xa ingresara máis da metade da indemnización solicitada, e que cobrará a nai da vítima, xa que esta faleceu en 2021 por circunstancias alleas a este procedemento.

Por todo iso, a Audiencia condenouno como autor dun delito continuado de agresión sexual con penetración vaxinal sobre menor de 16 anos de idade, á pena de 3 anos de cárcere (inicialmente, a Fiscalía pedía 12 anos de prisión); 7 anos de liberdade vixiada a cumprir tras a pena privativa de liberdade; privación da patria potestade; e inhabilitación para oficio ou profesión que leve trato con menores durante 18 anos.

Igualmente, establece como responsabilidade civil unha indemnización de 18.000 euros, da que o procesado xa consignou máis de 9.000 euros. Neste fallo aplicáronse as atenuantes de consumo prexudicial de alcol e de reparación do dano.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...