InicioVigo e contornaVigoSen acordo entre comité e dirección de Vitrasa que se reunirán de...

Sen acordo entre comité e dirección de Vitrasa que se reunirán de novo este venres

A CIG lamentou que, a pesar de que foi a propia empresa a que solicitou esta mediación, presentouse ao encontro "cunha oferta abstracta e sen detallar"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A reunión, con mediación do AGA, celebrada este luns entre o comité de empresa e a dirección de Vitrasa (concesionaria do bus urbano de Vigo) para tentar avanzar na negociación do convenio, finalizou sen acordo tras case 5 horas.

Así o trasladou o presidente do comité, Imanol Arnoso (CIG), que lamentou que, a pesar de que foi a propia empresa a que solicitou esta mediación, presentouse ao encontro “cunha oferta abstracta e sen detallar”.

Arnoso, que confirmou que a reunión se retomará este martes pola tarde, sinalou que a concesionaria segue argumentando a súa posición “aludindo novamente ás perdas económicas e de viaxeiros”, e iso “a pesar de recibir 18 millóns de euros” de compensacións por parte das administracións.

“Parécenos incrible que, despois de pedir a mediación, veñan unicamente cunha oferta abstracta e sen detallar. Esperamos que mañá se presenten cunha oferta que podamos valorar, e que permita finalizar este conflito”, recalcou.

CRÍTICAS DO BNG

Mentres, o grupo municipal do BNG asegurou este luns que, desde o ano 2019, o Concello de Vigo transferiu a Vitrasa 50 millóns de euros, “a pesar de recortar as frecuencias e precarizar as condicións laborais”.

Así, lembrou que se aprobaron pagos por máis de 18 millóns polas compensacións derivadas da crise do COVID, ademais dos millóns anuais que recibe polas tarifas bonificadas; e tamén criticou que, nos últimos anos, elimináronse 250 frecuencias diarias e empeorouse a situación dos traballadores do servizo.

Os nacionalistas acusaron ao goberno local de “complicidade” coa empresa, e advertiu de que non se pode “seguir subvencionando a precaridad dun servizo de titularidade municipal”.

Por iso, pediu aproveitar o fin da concesión do servizo, en xuño de 2025, para remunicipalizar o bus urbano e mellorar frecuencias e liñas.

Segundo destacou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, a perda de viaxeiros (un 11 % menos que antes da pandemia) responde ao “pésimo” servizo de bus urbano en Vigo. “Hai que reverter este pésimo negocio para a cidade dando pasos desde xa”, proclamou, e insistiu na necesidade de crear unha empresa pública, como as que existen “noutras cidades do Estado”.

ÚLTIMAS

Haberá novos paros parciais de Vitrasa en pleno Nadal ante a falta de acordo

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo,...

BNG e PP suman forzas no Senado para obrigar ao Goberno a rematar en 2030 o tramo do AVE entre Vigo e Porto

O Pleno do Senado aprobou este mércores, grazas á maioría absoluta do PP, unha iniciativa...

(En imaxes) O Nadal de Vigo chega ás paradas de bus e estacións de metro de Nova York, Londres, París e Roma

O Nadal de Vigo chegou ao mundo enteiro. Xa non só se coñece a nivel...

Ecoloxistas piden ao alcalde de Vigo que non coloquen luces de Nadal en árbores e paren as “podas drásticas”

A Asociación Amigas das Árbores de Vigo presentou este mércores un escrito dirixido ao...