InicioEconomíaVitrasa e comité de empresa terán unha reunión de mediación o vindeiro...

Vitrasa e comité de empresa terán unha reunión de mediación o vindeiro luns

O comité subliñou que Vitrasa recuperou xa os niveis de viaxeiros previos á pandemia e recibiu un reequilibrio de máis de 18 millóns de euros por parte do Concello polas perdas derivadas do Covid-19

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, e o comité de empresa levarán a cabo unha reunión de mediación o vindeiro luns, día 18 de novembro, co obxectivo de tratar de desbloquear a negociación do convenio colectivo, caducado desde 2020.

O encontro celebrarase a partir das 09.30 horas no hotel Baía de Vigo.

Nun comunicado, a representación dos traballadores informou desta solicitude de mediación realizada pola empresa para falar sobre o conflito que manteñen desde hai anos.

O comité subliñou que Vitrasa recuperou xa os niveis de viaxeiros previos á pandemia e recibiu un reequilibrio de máis de 18 millóns de euros por parte do Concello polas perdas derivadas do Covid-19.

Tras varios meses de conflito, os empregados decidiron o pasado mes de marzo dar un período de “paz social” para procurar terminar o conflito. Con todo, tras sete meses, volveron a convocar novas xornadas de paros parciais e manifestacións para reclamar “un convenio colectivo digno”.

Agora, o comité entende que a dirección está en disposición de facer unha proposta “que permita pór ao día os salarios”.

“En caso contrario, levaremos as nosas reivindicacións de novo á rúa en forma de paros parciais os días 20, 22, 25 e 27 de novembro e 2, 3, 11, 12, 20 e 21 de decembro en horario de 13.00 a 15.00 horas”, reivindicaron, subliñando que se presentarán á reunión con “espírito negociador e ganas de chegar a acordos”.

Ademais, o comité anunciou que enviou unha nova solicitude de reunión ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para tratar os detalles do reequilibrio e o plan de tráfico para o Nadal.

“Tristemente non se contou connosco para elaborar os percorridos do servizo de autobús urbano e imos vernos de novo compartindo a estrada con viandantes que se acheguen á cidade para ver as luces de Nadal”, criticou o comité.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...