InicioSucesosConfirman 14 anos de cadea para un home por violar durante anos...

Confirman 14 anos de cadea para un home por violar durante anos á filla da súa parella

O fallo considera probado que o procesado agrediu sexualmente de forma continuada á filla da que era a súa parella, coa que convivía no domicilio familiar desde o ano 2011

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo da sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, no que se condenaba a 14 anos e tres meses de cárcere a un home por violar de forma continuada durante anos á filla da súa parella.

A sentenza, avalada polo alto tribunal galego en todos os seus termos, considérao culpable dun delito de abuso sexual continuado a unha menor de 16 anos. Por iso, senténciao, ademais da a pena de prisión, impón unha medida de liberdade vixiada durante cinco anos a executar unha vez abandone o cárcere.

O fallo considera probado que o procesado agrediu sexualmente de forma continuada á filla da que era a súa parella, coa que convivía no domicilio familiar desde o ano 2011.

Os abusos comezaron no verán de 2017, cando a meno tiña 11 anos, estendéronse ata o ano 2020. Durante ese tempo, o condenado someteu a tocamentos á vítima, que chegou mesmo a ser losqueada ao resistirse.

A partir daquel momento, a menor “ante o temor para ser novamente losqueada” empezou a acceder á realización de diversos actos sexuais, que chegaron a producirse con periodicidade semanal.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...