InicioSociedadeOs residentes no centro histórico de Vigo poderán solicitar un cartón para...

Os residentes no centro histórico de Vigo poderán solicitar un cartón para axilizar o acceso ás súas vivendas en Nadal

Ese cartón poderá solicitarse a través da páxina web municipal (www.vigo.org) ou de forma presencial no propio Concello, a partir do luns 28 de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo expedirá desde o vindeiro luns cartóns aos residentes do centro da cidade para axilizar o acceso ás súas vivendas e garaxes durante as semanas de celebración da campaña do Nadal, nas que esa zona está especialmente afectada polas restriciones de circulación, debido á instalación da decoración do Nadal e as actividades festivas. Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, a través de declaracións remitidas aos medios, o Concello deseñou uns cartóns, que os residentes deberán levar visibles nos seus vehículos, para facilitar que, nesas semanas, poidan chegar de formar máis rápida aos seus domicilios.

De feito, unha das principais queixas deses veciños nos últimos anos foi a dificultade para poder chegar ás súas vivendas e garaxes, os rodeos que teñen que dar, e as trabas que supón ter que identificarse ante os axentes de Policía Local que regulan o tráfico ou os voluntarios que vixían esas rúas céntricas nesas datas de gran afluencia de visitantes. O rexedor explicou que ese cartón poderá solicitarse a través da páxina web municipal (www.vigo.org) ou de forma presencial no propio Concello, a partir do luns 28 de outubro. Así mesmo, a través da web facilitarase un mapa descargable e unha listaxe de rúas afectadas polas restricións de tráfico en Nadal.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...