InicioCulturaA Xunta celebra este martes na cidade unha reunión cidadá para "enriquecer"...

A Xunta celebra este martes na cidade unha reunión cidadá para “enriquecer” o plan de usos do Teatro Fraga

Tras a súa compra este pasado verán por máis de 9,3 millóns de euros, pagados nun 51 % pola Xunta e un 49 % pola Deputación de Pontevedra, agora é o momento da súa rehabilitación e de dotalo dun plan de usos para a súa reapertura ao público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegación territorial da Xunta en Vigo celebrará este martes unha reunión aberta á cidadanía para “enriquecer” o plan de usos do Teatro Fraga, co obxectivo de coñecer as propostas e suxestións dos vigueses e de deseñar este documento. Así o sinalou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, tras a reunión do Consello da Xunta deste luns, no que se avaliou o informe da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que inclúe os seguintes pasos a seguir para a apertura do Teatro Fraga.

Tras a súa compra este pasado verán por máis de 9,3 millóns de euros, pagados nun 51 % pola Xunta e un 49 % pola Deputación de Pontevedra, agora é o momento da súa rehabilitación e de dotalo dun plan de usos para a súa reapertura ao público. Por ese motivo, segundo dixo Rueda, ambas as administracións entenden que a sociedade ten que xogar un papel “fundamental” no deseño dos seus futuros usos, polo que se puxo en marcha a campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, coa que se realizarán encontros con veciños para coñecer as súas propostas e abriuse un correo electrónico para suxestións.

A primeira destas reunións será este mércores, mentres que por correo xa se recibiron máis de 200 propostas, tras abrirse o pasado agosto. Despois de colleitar as suxestións para enriquecer o plan de usos do Teatro, prevese que o proxecto quede redactado este mesmo ano, mentres que se licitarán as obras en 2025, co obxectivo de que estean acabadas a finais de 2026. Rueda puxo en valor a necesidade de coñecer que clase de espectáculos e eventos albergará o teatro para así redactar o proxecto acorde as súas necesidades.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...