InicioPolíticaDemandan á Xunta que cubra de inmediato a praza de pediatría do...

Demandan á Xunta que cubra de inmediato a praza de pediatría do Centro de Saúde de Mondariz

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Mondariz, a través do Deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, vén de rexistrar unha pregunta na Comisión de Sanidade dirixida ao goberno do PP na Xunta de Galicia, para demandar a reposición regular do facultativo especialista en pediatría para o centro de saúde da localidade.

A Pediatría do Centro de Saúde de Mondariz vén ofrecendo cobertura a máis de 400 nenas e nenos das localidades de Mondariz e Mondariz Balneario, trasladándose e cubrindo tamén á localidade de Covelo.

“Actualmente esta praza, debido á baixa laboral e posterior traslado da titular da mesma a outro destino, permanece vacante, sen que dende a Xunta se adopten medidas para repoñer este servizo de forma normalizada”, subliñan desde o BNG.

Mondariz leva sufrindo dende antes do verán múltiples desvíos de citas de pediatría a Ponteareas. “O Sergas ofrece o servizo na localidade só algúns días, e sen saber cando vai haber ou non pediatra, o que provoca un servizo incorrecto, que non cubre as necesidades pediátricas reais”, engaden.

O portavoz do BNG, Xosé Emilio Barros, afirma que “dende o BNG levamos advertindo desta situación dende fai máis de dez anos, reclamando a través de múltiples iniciativas melloras no servizo de atención primaria”.

Barros denuncia que “esta situación continúa a incidir na liña marcada polo Partido Popular de recortar servizos públicos para favorecer os servizos sanitarios privados”.

A través dunha iniciativa rexistrada e defendida no derradeiro pleno da corporación, o BNG acadou o acordo unánime de todos os grupos para instar á Xunta de Galiza a garantir a prestación do servizo de pediatría na localidade, demandando un compromiso en firme por parte o goberno de Núñez Feijoo para a reposición do facultativo pediátrico durante o período de traslados, baixas ou vacacións do titular da praza.

Xosé Emilio Barros afirma que a defensa e o mantemento deste servizo resulta “de vital importancia para frear a caída demográfica que padecemos na localidade”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...