A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abriu un expediente sancionador contra Real Club Celta de Vigo S.A.D. Foi por un vertido directo ao cauce dun regato, sen autorización administrativa previa deste organismo, de augas residuais procedentes das instalacións de depuración que recolle as augas pluviais e de escorrentía das instalacións de depuración do Real Club Celta.
A denuncia partiu Ecoloxistas en Acción ante ade Vigo que denunciou este vertido no lugar de Pereiras, no concello de Mos. A denuncia presentada ante a Confederación levaba aparellada, como proba da contaminación, os resultados da analítica do vertido encargada pola entidade ecoloxista que reflicten unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes orgánicos habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol.
A organización ecoloxista tamén presentou denuncia ante a Xustiza e o xulgado de instrucción número 2 de Vigo xa notificou a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para investigar o vertido contaminante procedente de A Fouteza, a cidade deportiva da SAD Celta en Mos, xa que aprecia posible delito contra os recursos naturais e o ambiente.
Para a organización ecoloxista queda claro que “o Concello de Mos recoñece xa que a tubaxe procedente das instalacións do Celta é un emisario do aliviadero dunha cuba de recollida de pluviais e augas residuais dos regos”. Esta auga recollida arrastra materia fecal dos abonos orgánicos e compostos químicos dos plaguicidas utilizados no mantemento dos campos de fútbol. Cando a cuba se enche, esta rebosa e se alivia a través da tubería que verte no monte. “Isto demostra que o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes”, indica.
“O vertido contaminante procedente da Afouteza é claramente un delito contra os recursos naturais o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse”, denuncia Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo local de Ecoloxistas en Acción, quen ademais lembra que “no caso de Mos, o concello carece dun servizo municipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausura das captacións veciñais”.