InicioSociedadeA concesionaria da AP-9 pagará este ano 383.000 euros do IBI ao...

A concesionaria da AP-9 pagará este ano 383.000 euros do IBI ao Concello de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ocupación de terreo municipal por parte da autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo deixará este ano de estar practicamente exenta do pago do IBI e deberá abonar o cen por cento do imposto, o que supón o ingreso de 383.000 euros nas arcas municipais da cidade olívica.

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, que sinalou que, “por primeira vez”, este 2024 a concesionaria pagará a totalidade do Imposto de Bens Inmobles, xa que desde a súa construción beneficiábase dunha bonificación do 95 %, ao amparo dun decreto que data da época franquista.

Deste xeito, Audasa pasará de abonar uns 18.000 euros a pagar 383.000 euros, explicou o rexedor, que engadiu que “era intolerable que unha empresa con tal nivel de beneficios non pagase IBI”. Deste xeito, Vigo pasará a ingresar en concepto de IBI por parte de autoestradas máis de 433.000 euros, sumando a taxa que paga a autoestrada autonómica AG-57 (Val Miñor).

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...