InicioSociedadeContinúan abertas todas as hipóteses sobre a morte da veciña de Redondela...

Continúan abertas todas as hipóteses sobre a morte da veciña de Redondela tras detectarse un golpe no cranio

Manuel Barbosa desapareceu en 2021. A muller saíra da súa casa, situada en Redondela, para visitar á súa filla en Arcade, pero nunca chegou ao seu destino

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúan abertas todas as hipóteses sobre a morte da veciña de Redondela, Manuela Barbosa, cuxo cadáver apareceu o pasado mes de xuño nunha leira de Arcade, en Soutomaior, tras desaparecer en 2021.

Segundo fontes coñecedoras da investigación consultadas por Europa Press, a autopsia aínda non está concluída, pero si se detectou un golpe no cranio da muller, que tiña 66 anos no momento da súa desaparición. Por todo iso, a investigación continúa aberta e baixo segredo de sumario, e por agora descoñécese se o golpe detectado na cabeza foi antes ou despois da morte.

As mesmas fontes matizaron que non se descarta que a muller fose vítima dun homicidio nin que falecese de forma accidental. Con todo, lembraron que nas inmediacións onde apareceu o cadáver estaba a carteira e as xoias de Barbosa.

Así mesmo, na zona tamén se achou unha ferramenta sen mango que, por agora, “non hai evidencia de que fose utilizada nos feitos”. Ademais, engadiron que tampouco pode descartarse aínda que o cranio fose roto de forma accidental polo operario que atopou o cadáver, que estaba a rozar o campo nese instante.

Manuel Barbosa desapareceu en 2021. A muller saíra da súa casa, situada en Redondela, para visitar á súa filla en Arcade, pero nunca chegou ao seu destino. En xuño, os seus ósos apareceron a 200 metros do domicilio da súa filla. Ademais, na zona atopouse a carteira de Manuela, que contiña varias fotos da falecida, así como efectos persoais, incluíndo xoias.

ÚLTIMAS

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...