Unha hora despois de que Xunta, Abanca e Deputación de Pontevedra mercaran o histórico Teatro Fraga, o Concello de Vigo celebrou un pleno municipal extraordinario co obxectivo de solicitar a Abanca que cedese ao Concello o Cinema Fraga, tras semanas de críticas por parte do goberno local á compra do inmoble.
O encargado de defender a moción socialista foi Carlos López Font, quen ve “lamentable” que Abanca prestouse ” á firma desta venda” e dixo que o banco “está en débeda coa cidade e débelle o Teatro Fraga a Vigo”, solicitando unha vez máis esta cesión gratuíta.López Font chamou “traidores” aos concelleiros do PP de Vigo, asegurando que a cidade “ten a lexitimidade de pedir esta doazón”.
O portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tachou de “estafa” esta compra, pero criticou a moción presentada polos socialistas, xa que inclúe na cuestión de forma “inexplicable” á Zona Franca e ao Ministerio de Cultura, por un carácter “partidista”, xa que ambos os organismos están liderados polo PSOE.
Para o ‘popular’ Miguel Martín, este venres é un “día histórico”, porque Vigo recupera o inmoble tras 20 anos pechado “para polo a disposición de todos os vigueses e do seu tecido cultural”. “O PSOE prefire que o Fraga siga pechado se o alcalde, Abel Caballero, non é o protagonista”, engadiu, tachando de “rabecha” este pleno.
Finalmente, tras non aceptarse a emenda dos nacionalistas, a moción saíu adiante cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e o ‘non’ do PP.