InicioEconomíaConcentración de traballadores de Correos en Vigo para denunciar o déficit de...

Concentración de traballadores de Correos en Vigo para denunciar o déficit de persoal

CSIF advertiu de que a situación é "especialmente preocupante" en Vigo, onde máis dunha vintena de seccións urnanas e un terzo das seccións rurais "están a traballar con déficit de persoal" porque non se cobren as baixas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados sindicais concentráronse este martes en Vigo para denunciar o déficit de persoal en Correos, que afecta a case a metade das seccións, ao non cubrirse as baixas con novas contratacións.

O sindicato CSIF denunciou nun comunicado o “sobreesforzo” que implica esta situación para os traballadores de Correos, que dan servizo a unha cidade de 300.000 habitantes e que sofren unhas “pésimas condicións laborais”.

CSIF advertiu de que a situación é “especialmente preocupante” en Vigo, onde máis dunha vintena de seccións urnanas e un terzo das seccións rurais “están a traballar con déficit de persoal” porque non se cobren as baixas.

A portavoz do sindicato na provincia, Patricia Iglesias, advertiu de que a situación “é insustentable” para os empregados e tamén para os cidadáns, que “reciben un servizo máis deficiente”.

“Urxe que Correos asuma as súas responsabilidades e atenda as nosas reivindicacións, pola contra continuaremos coas medidas de presión”, subliñou.

Entre as medidas que reclama o sindicato está a solución a diversos problemas: vacacións e días libres “condicionados por falta de persoal de reforzo”, a contratación “baixo mínimos” de persoal eventual procedente de bolsas de emprego “a pesar de que as cargas de traballo aumentan”, restricións na entrega de uniformes, mantemento “moi deficiente” do parque móbil, ou subcontratas (de limpeza e seguridade) “á baixa”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...