InicioVigo e contornaVigoCaballero reunirase co presidente de Adif o 26 de para tratar o...

Caballero reunirase co presidente de Adif o 26 de para tratar o AVE a Madrid e a saída sur

O alcalde de Vigo declarou que "son o único alcalde ao que o ministro recibiu no seu despacho"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde Abel Caballero reunirase o próximo 26 de xuño co presidente de Adif, Ángel Contreras, con quen abordará cuestións como a conexión por AVE a Madrid, directo por Cerdedo; a saída sur para conectar co Eixo Atlántico ata Porto; ou o corredor atlántico de mercadorías.

Así o avanzou o rexedor, nunhas declaracións remitidas aos medios, nas que sinalou que este encontro dará continuidade á entrevista que mantivo o pasado 30 de abril co ministro Óscar Puente. “Son o único alcalde ao que o ministro recibiu no seu despacho”, antes de presumir da súa amizade co titular de Transportes.

Caballero subliñou que o encontro do próximo 26 de xuño será “moi importante”, porque se porá sobre a mesa, entre outros asuntos, “acabar para sempre coa humillación de ter que ir a Madrid dando a volta por Santiago e percorrendo 100 quilómetros de máis”. Igualmente, afirmou que a construción do saída sur en túnel “está en marcha” e “en boa posición”.

Finalmente, e tras volver subliñar a importancia da obra de reposición do firme na pista de Peinador, tamén sinalou que, tras a reunión con Contreras, manterá nos días seguintes un encontro co secretario de Estado de Transportes.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...