InicioPolíticaAcordo de PP, BNG e PSOE no Parlamento galego para priorizar o...

Acordo de PP, BNG e PSOE no Parlamento galego para priorizar o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

PP, BNG e PSOE apoiaron, de forma conxunta, no Parlamento galego unha iniciativa para prorizar o proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

PP, BNG e PSOE apoiaron, de forma conxunta, no Parlamento galego unha iniciativa para prorizar o proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo.

Foi tras unha iniciativa presentada polo PP na Comisión de Educación e Cultura e con acordo previo, antes da votación, entre populares e socialistas sobre o texto definitivo, despois de que tanto BNG como PSOE presentasen emendas.

Os nacionalistas comunicaron, no entanto, previamente a súa intención de apoiar a iniciativa popular de non ser aceptada a súa emenda, na que se pedía garantir a continuidade da Biblioteca Pública Juan Compañel, en complementariedade coa futura biblioteca do Estado, cuestión que non se incluíu no texto finalmente aprobado.

Con demanda do Parlamento galego á Xunta para manter o apoio ao proxecto e solicitar ao Ministerio de Cultura información sobre a situación actual, os prazos temporais e a previsión orzamentaria, así como pedir que se axilicen os trámites para a construción do edificio da futura biblioteca, o debate non estivo exento de reproches entre as distintas formacións.

De “atraso clamoroso” cualificou o deputado do PP Julio García Comesaña a xestión do Concello de Vigo, nunha intervención na que pediu ao Executivo central investimento orzamentario. “É un conto interminable que empezou en 2005 e que o PP e PSOE utilizaron como arma arreboladiza“, sentenciou a parlamentaria do BNG Carmela González, quen cualificou de “ridículos e insultantes” que figurasen “50.000 euros para 2023”.

Pola súa banda, a deputada socialista Elena Espinosa reprochou á Xunta pór “obstáculos” ao proxecto cunha “paralización real durante a presidencia de Rajoy entre 2011 e 2018”. Fronte a iso, asegurou que se trata dunha actuación en “vías de solución” co actual Goberno. “O Ministerio comprometeu fondos”, aseverou.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...