InicioSociedadeVigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras...

Vigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras a morte de Sergio S.D.: “Xa se pagou un prezo moi caro”

O acto de protesta comezará cunha concentración na Praza de España, cos bombeiros uniformados cos seus traxes de intervención, e posteriormente haberá unha marcha ata a Praza do Rei, diante do Concello, onde se lerá un manifesto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma Vigo sen Bombeiros convocou unha manifestación para este sábado, ás 19.00 horas na Praza de España da cidade olívica, para volver reclamar máis efectivos e ante a “grave e perigosa situación” deste servizo municipal. Segundo sinalaron nun comunicado, o acto de protesta comezará cunha concentración na Praza de España, cos bombeiros uniformados cos seus traxes de intervención, e posteriormente haberá unha marcha ata a Praza do Rei, diante do Concello, onde se lerá un manifesto para reclamar ao goberno local “que redimensione este servizo de bombeiros segundo as necesidades reais da cidade e as dos seus propios bombeiros”.

Vigo sen Bombeiros volveu a denunciar a falta de medios e persoal neste servizo, e lamentou que xa se pagou “un prezo moi caro”, tras o falecemento do bombeiro Sergio S.D. o pasado sábado durante un operativo de inspección dun inmoble. “Tentámolo por todos os medios, tratando de falalo cos nosos xefes directos, presentando todo tipo de informes no Concello por medio de rexistro, denuncias a Inspección de Traballo, accións de protesta na rúa (…) pero non serviu”, sinalou o colectivo, en alusión á situación do servizo.

No seu comunicado, lamentaron as molestias que a protesta deste sábado pode ocasionar e trasladaron que “oxalá eses cortes de tráfico poidan transformarse nun corte fulminante coa precarización dos servizos públicos e, máis concretamente, coa precariedade e a falta de seguridade no servizo de bombeiros”.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...