InicioPolíticaVigo é a cidade elixida polo BNG para arrincar a precampaña das...

Vigo é a cidade elixida polo BNG para arrincar a precampaña das europeas

Segundo trasladou a f.ormación nacionalista, concorre a estes comicios "co obxectivo de reforzar un escano" que considera "a única garantía de que Galicia teña voz propia en Europa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG arrincará este domingo a precampaña das eleccións europeas cun “encontro nacional” que contará coa presenza da portavoz nacional, Ana Pontón, e os candidatos Ana Miranda, Bieto Lobeira, Roberto Pascual e Roxelio Santos. O encontro terá lugar no Auditorio Mar de Vigo e con el ábrese o calendario de actos de cara á cita coas urnas do próximo 9 de xuño, para a que o BNG avanza “unha campaña 100 % galega, centrada na valoración do traballo realizado ao longo dos últimos anos” e na que se explicará “todo o que se xoga Galicia” en sectores estratéxicos como o agrogandeiro, o pesqueiro ou o vitivinícola. Tamén anuncia que abordará cuestións como as infraestruturas, as conexións con Portugal ou a rexeneración das rías.

Segundo trasladou a formación nacionalista, concorre a estes comicios “co obxectivo de reforzar un escano” que considera “a única garantía de que Galicia teña voz propia en Europa”, cunha candidatura encabezada novamente por Ana Miranda, de quen destacou o seu “incansable e rigoroso labor” en defensa de Galicia, e con outros candidatos “referentes” en ámbitos como o académico, o social, o cultural ou o ambiental.

Nas súas intervencións no acto do domingo, Ana Miranda e Ana Pontón abordarán a necesidade de “darlle máis forza ao escano nacionalista” para defender os intereses de Galicia en Europa “pero tamén para velar polos avances sociais e os dereitos da clase traballadora nas institucións comunitarias”, nun contexto de crise de prezos. Ademais, o BNG reafirma o seu compromiso “coa construción dunha Europa dos pobos”, que non sexa “unha mera comparsa de Estados Unidos e da OTAN”, senón que defenda “un mundo máis libre, máis xusto, máis solidario e en paz”.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o...