InicioCulturaKiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

O músico actuará no Auditorio Mar de Vigo ás 21.00 horas, poucas semanas antes da publicación do seu novo traballo, do que xa avanzou en xuño “Helicrisum”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o vindeiro 23 de outubro, cunha actuación na que o artista interpretará os seus clásicos e os temas máis recentes, só unhas semanas antes de que vexa a luz o seu último traballo, aínda que xa en xuño se publicou un adianto, “Helicrisum”. Desde Teuticket destacaron que Kiko Veneno “ofrecerá un concerto marcado pola proximidade, a liberdade creativa e ese universo de cancións que o converteu nun artista difícil de encaixar”.

“E despois de tantos anos de versións, letras e ensaios, toda esa música tiña que acabar saíndo por algún lado. E saíulle disparada a Kiko polo oído esquerdo”, subliñaron, e engadiron que “así nace esta nova etapa de directo”, con “cancións espidas, próximas e feitas para seren tocadas en directo, recuperando esa esencia da música cando aínda está viva, cando aínda pode cambiar e cando cada concerto pode ser unha nova versión”.

Tamén apuntaron que, “como case todo no universo de Kiko Veneno, mellor se vai acompañado de amigos”. A traxectoria deste catalán de nacemento e andaluz de adopción convérteo nun artista imposible de catalogar, cunha linguaxe propia, e que transita entre o rock, o flamenco, a rumba, o pop e a canción de autor, “sempre cunha personalidade recoñecible e unha maneira moi particular de contar historias”. O 23 de outubro ás 21.00 horas, o Auditorio Mar de Vigo será o escenario dun concerto no que Kiko Veneno “dará vida a estas cancións que levan anos dando voltas na súa cabeza”.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...