InicioSucesosDetida unha muller que agrediu á actual moza da súa exparella

Detida unha muller que agrediu á actual moza da súa exparella

A Policía tamén lle atribúe un delito de desobediencia e un contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 42 anos de idade, C.M.G.B., como presunta autora dun delito de quebrantamento de condena, un delito contra a seguridade viaria e un delito de resistencia e desobediencia.

Os feitos ocorreron na madrugada do sábado, cando o 092 recibiu unha chamada dunha moza que pedía axuda porque outra muller estaba a pasar preto dela no seu vehículo varias veces, na zona de Fragoso, a pesar de ter unha orde de afastamento.

Ao chegar, os axentes observaron o coche referenciado, parado, coa porta do copiloto aberta, e cun home falando desde fóra coa condutora. Esta, ao decatarse da presenza policial, arrincou de forma súbita e a gran velocidade, de maneira que o home acabou caendo e rodando polo chan.

Iniciouse entón unha persecución, ata que os policías lograron interceptar á muller, que presentaba signos evidentes de acharse baixo os efectos do alcol. A pesar disto, a condutora negouse a realizar a proba de alcoholemia.

AGRESIÓN

Paralelamente, outra dotación entrevistouse coa moza que requirira a presenza policial, e que presentaba arañazos sanguentas no pescozo. Segundo o seu relato, atopábase co seu noivo (exparella da outra muller) e C.M.G.B. apareceu por alí, pasando co seu coche varias veces a pesar de que ten unha orde de afastamento.

A continuación, apeouse do vehículo e encarouse coa moza, comezando a agredila ata que o noivo interpúxose. A muller cesou na agresión, pero dirixiuse ao coche do mozo e rompeulle ambos os retrovisores, antes de arrincar a maleta dunha motocicleta estacionada e lanzala á calzada. Durante a actuación policial, a sospeita mantivo unha actitude agresiva, o que obrigou aos axentes a reducila, para proceder á súa detención.

A Policía atribúelle un suposto delito de quebrantamento de condena, un contra a seguridade viaria por negarse a realizar a proba de alcoholemia e un de desobediencia. Ademais, deberá responder os danos causados aos vehículos estacionados.

ÚLTIMAS

Pleno extraordinario para reclamar 5 millóns á Xunta para a implantación de Medicina na UVigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores a convocatoria dun pleno extraordinario para...

O Concello de Vigo critica a perda dun xulgado de Instrución: “Coloca á cidade nunha situación límite”

O Concello de Vigo criticou este mércores a decisión do Consello de Ministros de...

O Concello de Redondela denuncia unha festa de bachata en San Simón autorizada pola Xunta

O Concello de Redondela pediu á Xunta de Galicia "respecto" á Illa de San...

Admitidas a trámite pola Valedora do Pobo as queixas do PP por negarse o goberno de Vigo a informar sobre Benestar Social

A Valedora do Pobo admitiu a trámite dúas queixas do PP de Vigo pola...