InicioVigo e contornaRedondelaO Concello de Redondela denuncia unha festa de bachata en San Simón...

O Concello de Redondela denuncia unha festa de bachata en San Simón autorizada pola Xunta

A rexedora considera "innecesario" que esta actividade se celebre nun sitio como San Simón, espazo declarado Lugar de Memoria Democrática

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela pediu á Xunta de Galicia “respecto” á Illa de San Simón tras coñecerse a celebración dunha festa de bachata autorizada polo Goberno autonómico.

Nun comunicado, o goberno local lamentou que nin a Consellería de Cultura nin a Fundación Museo do Mar de Galicia, que xestiona a Illa, comunicasen ao Concello esta celebración, un espectáculo titulado ‘+Q Bachata’.

A alcaldesa, Digna Rivas, ve “indecente” que a Xunta “non promova” actividades para conservar a memoria democrática na illa e esixe o ingreso do Concello na Fundación para “participar, coñecer e opinar” sobre as actividades que se celebren na illa.

A rexedora considera “innecesario” que esta actividade se celebre nun sitio como San Simón, espazo declarado Lugar de Memoria Democrática. Ao seu xuízo, ofende por centos de familias vítimas da ditadura militar, da represión e da persecución, polo que solicitou a cancelación do acto.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...