InicioCulturaChega aos Play Doc 'Salvaxe, Salvaxe' un filme ecoloxista galego premiado en...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O director ourensán Emilio Fonseca e o seu equipo presentarán este innovador documental, que se propón mudar o xeito en que miramos á natureza, no festival Play-Doc, antes de ir ao Festival de Guadalajara en México.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de resultar premiado na súa estrea mundial no Festival de Málaga, onde acadou a distinción de Mellor Documental. A primeira cita co público galego terá lugar en Tui, no marco do Festival Play Doc, o sábado 4 de maio ás 19.30h, dentro da sección “Competición Galicia”.

‘Salvaxe, Salvaxe’, primeira longametraxe cinematográfica do director ourensán e autor de cómic Emilio Fonseca, ven de cautivar ao xurado de Málaga, que destacou a capacidade dun filme que consideran “importante”, por “repensar a categoría do salvaxe dende este apocalipsis climático”, mentres nos “convida a reeducar a nosa capacidade de asombro, tenrura e conciencia de que somos interespecie”.
A película quere inspirar ao público a “superar as relacións (auto)destructivas que mantemos coa nosa contorna viva, da que dependemos”, como explica o seu director. O equipo promete extender por todo o territorio un “cinema de encontro: xuntarnos para mirar, pensar e activarnos”.

“Será un pase especial, que poderemos compartir con boa parte da equipa e colaboradoras da película: artistas galegas como Xoán-Xil López, Laura Iturralde, a co-guionista e produtora do filme, Xiana do Teixeiro, e outras colaboradoras que nos acompañarán”, comenta o director, Emilio Fonseca, co que o público se poderá atopar e dialogar no Play Doc. A produtora, do Teixeiro, engade: “este é un filme de coloquio, e eses encontros onde pensar conxuntamente co público dan sentido á experiencia comunitaria do cinema, e aos festivais“. Próximamente este traballo terá a súa estrea internacional no festival mexicano de Guadalajara (FICG), onde participará na “Competencia oficial – Premio de Cine Socioambiental”.

A cámara adéntrase nos montes da Galiza e o norte de Portugal entre murmurios.Tenta tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Salvaxe, Salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.

EMILIO FONSECA

Emilio Fonseca (Ourense,1978) é guionista, director, dibuxante, animador e docente en ámbitos da imaxe. En 2008 funda Walkie Talkie Films, produtora na que traballa con linguaxes documentais e experimentais. É autor dos ensaios sobre antropoceno, simulacro e delirio “Somos plaga” e “Soy muro”, da serie de pensamento Soy Cámara do CCCB; do libro Imágenes: un dominio público (VVAA, CCCB, 2020) e das pezas televisivas “Queimar o monte” e “Tallers Sonors”. Participou no proxecto de arte e cooperación internacional “Chaco Ra’anga (AECID), para a cal creou o cómic documental sobre conflictos ecosociais Verde invisible (AECID, 2024).

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...