InicioSucesosAbsolto un veciño de Vigo do delito de administración desleal pola venda...

Absolto un veciño de Vigo do delito de administración desleal pola venda dunha leira

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou unha sentenza da sección quinta da Audiencia de Pontevedra e absolveu dun delito de administración desleal a un home pola venda dunha leira sen coñecemento dos seus propietarios

Inicialmente, en 2022, a Audiencia condenara ao acusado como cooperador necesario dun delito de administración desleal a 11 meses de prisión e ao pago de 3.000 euros de multa, ao considerar que si cometeu un delito de administración desleal.

Ademais, o tribunal decretou a nulidade da escritura de compravenda da citada leira e a cancelación como titular no Rexistro da Propiedade.

Con todo, agora o TSXG revoga a sentenza ao considerar que non existen probas de que o procesado “tivese amañado algunha trampa cooperando necesariamente” cun dos socios da empresa propietaria da leira. “A partir da proba practicada non cabe racionalmente chegar a esa conclusión”, di o fallo, que afea que o socio que realizou a venda non figurase como acusado o proceso.

Máis en profundidade, cre que o máis coherente é pensar que o acusado, “inxenuamente”, aceptou integrar esta leira ao seu patrimonio confiando, quizais de maneira infundada, que así lograría recuperar parte da débeda.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...