InicioVigo e contornaRedondelaInterceptan un conductor que superaba por cinco puntos a taxa de alcol...

Interceptan un conductor que superaba por cinco puntos a taxa de alcol permitida

Os feitos ocorreron na N-555, á altura de Santo Estevo de Negros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Redondela interceptou o pasado domingo a un home, veciño de Vigo, que multiplicaba por cinco a taxa de alcol permitida, ao arroxar 1,27 e 1,23 miligramos por litro de aire expirado nas probas que se lle realizaron.

Tal como informou o corpo de seguridade, os feitos ocorreron na N-555, á altura de Santo Estevo de Negros. Os axentes dirixíanse a Porto Cabeiro cando observaron que un vehículo circulaba causando retencións de tráfico, á vez que abría a porta do copiloto sobre a marcha, freaba e continuaba o seu rumbo.

Por iso déuselle o alto, comprobando que no seu interior viaxaba un home ao volante e unha muller á beira. Ao ter signos evidentes de embriaguez, realizóuselle a proba, dando un resultado positivo cinco veces por encima do máximo permitido, polo que agora investígaselle como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Ademais, na madrugada deste mércores, outro condutor foi interceptado cuadriplicando a taxa máximo permitida de alcol, tras tratar de fuxir dos axentes cando lle deron o alto na praza de Ribadavia, en Redondela.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...